 |
|
|
Rota > O Concello> Alcalde
Ola, navegante
|
|
|
|
Só darche a benchegada a este espazo virtual da cidade de Pontevedra no que agardo que atopes con facilidade o que busques. Esforzámonos para eso, pero agradecemos tamén calquera suxerencia que axude a melloralo.
Agardo que esta ferramenta satisfaga a demanda informativa e de participación na xestión da cidade como ente activo, dinámico e en continuo afán de mellora.
Se vives en Pontevedra, recibe a aperta sincera e xenerosa de sempre. Axúdanos a mellorar a cidade e difunde, tanto pola rede como por todos os medios que podas, o carácter da nosa boa vila, o noso espíritu amigábel e as constantes aspiracións de mellora relativas á capital, ao noso país e tamén ao resto do mundo.
Se non, gústanos recibirte de xeito virtual, pero aínda máis nos gustaría verte paseando polas nosas rúase prazas, que tamén son túas. Gozando da brisa da primavera ou das prácidas mañáns do outono soleado nunha das prazas de pedra que te agardan animadas. Anímate e ven, verás como te sorprendes.
Boa viaxe.
|
|
|
Hoxe é 12.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 14.05.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|