 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Festas> Entroido 10
Programa do Entroido
|
|
|
|
SÁBADO 6
12.00 horas. Pasarrúas das madamas e galáns de Cobres
VENRES 12 17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces. 20.00 horas Praza da Verdura. Degustación de filloas de entroido. 20.45 horas Praza da Verdura. Urco, rei do entroido, chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Amoriños de Bora e Val do Lérez onde será recibido polo Alcalde. Lectura do pregón a cargo de Pedro Alonso, padre Casares na serie da TVG Padre Casares.
SÁBADO 13
11.00 horas Pasarrúas pola zona monumental da comparsa Os Canecos de Poio. 16.30 horas Rúa Xosé Malvar: concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número. 17.30 horas Desfile do entroido: saída dende a rúa Xosé Malvar, Loureiro Crespo, Benito Corbal, Cobián Areal, Uxío Novoneira e Eduardo Pondal. 20.00 horas Praza da Ferraría. Celebración da gran festa do entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades.
LUNS 15 17.00 horas Praza da Ferraría. Gran festa de entroido infantil. 20.00 horas Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación: Grupo Foula. 21.00 horas Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XIX Concurso de Murgas.
MARTES 16 16.30 horas Centro comercial Vialia-Renfe. Concurso de Filloas. Organiza: Radio Voz Pontevedra. Promove: Concello de Pontevedra. 17.30 horas Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces. 23.30 horas Prazas da cidade. XV Mostra da Parodia do Entroido. 02.00 horas Praza da Ferraría. Entrega de premios da XV Mostra da Parodia do Entroido.
MÉRCORES 17 19.00 horas Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Ambientación a cargo da Aula de Teatro Municipal e persoeiros relevantes da época na cidade. Actuación do grupo Foula. 21.00 horas Pazo da Cultura. Segunda eliminatoria do XIX Concurso de Murgas.
XOVES 18 21.00 horas Pazo da Cultura. Final do XIX Concurso de Murgas.
VENRES 19 12.00 horas Praza da Peregrina. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. 18.00 horas Praza da Verdura. Comezo do velorio de Ravachol na sala mortuoria. Prégase a asistencia de loito rigoroso. 21.00 horas Saída do cortexo fúnebre dende a praza da Verdura percorrendo as rúas San Román, Ferraría, paseo Antonio Odriozola, Soportais, Manuel Quiroga, Princesa, Sabela II, Rúa Real, Sarmiento, Pasantaría e praza da Ferraría. Como remate, procederase á incineración do finado. Na súa honra terá lugar un sentido espectáculo necrolóxico coa lectura dunha loanza fúnebre e a actuación do Xarángallo Mángallo .
|
|
|
Hoxe é 29.07.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 03.02.2010 polo Concello de Pontevedra. |
|
|