Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > O Concello

Premios e recoñecementos


 

Accesos doados para todos e todas. Rúa Sarmiento, Igrexa de San Bartolomé


Praza da Leña e Rúa Sarmiento


Praza de Curros Enríquez de noite


Iniciando o día na Verdura


Diversos recoñecementos públicos e sociais avalan a evolución que mantivo a cidade nos últimos anos, o que fala do éxito do modelo de transformación que está modernizando Pontevedra.

A reforma urbana e a transformación que a tantos niveis experimentou a cidade foi consecuencia dos cuantiosos recursos dedicados cada ano, en cada orzamento, a aumentar a calidade para conseguir que Pontevedra destaque como espazo urbano igualitario, integrador, solidario e xusto.

Os premios máis importantes fóron:

Premio Cidade de Pedra, outorgado pola Asociación de Graniteiros de Galiza, en recoñecemento á utilización da pedra no proceso de transformación da cidade, outorgándolle a esta materia prima un gran protagonismo no deseño e conformación dos espazos públicos.

Premio CERMI, outorgado pola Confederación Española de Persoas con Discapacidade, unha entidade que agrupa a todos os colectivos do Estado relacionados coa integración das persoas con discapacidade. O premio foi outorgado á mellor acción do Estado de Administracións Autonómicas ou Locais en favor da integración das persoas con discapacidade.

Premio da Fundación Amigos de Galiza, concedido ás numerosas actuacións municipais para mellorar a accesibilidade para todas e todos.

Premio Nacional da Cultura Galega 2008, no seu capítulo de Patrimonio Cultural, concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galiza, polo enfoque global, sistémico, integral, de abordar a posta en valor do patrimonio, ademáis da intensidade, cantidade e velocidade das actuacións levadas a cabo desde 1999.






Hoxe é 10.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 28.05.2008 polo Concello de Pontevedra.