Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > O Concello> Goberno Municipal

Competencias das Áreas e Delegacións de Goberno


 

ÁREA DE URBANISMO (XESTIÓN URBANÍSTICA)E VIVENDA:

Dona María Teresa Casal García, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Planeamento urbanístico de desenvolvemento.
  • Modificacións do planeamento.
  • Xestión urbanística.
  • Licenzas urbanísticas, de obras e actividades.
  • Patrimonio Histórico.
  • Coordinación e supervisión dos servizos de medio ambiente natural e de vías e obras no rural.
  • Obras no centro histórico.
  • Vivenda, que inclúe o ARI de Estribela, o Convenio coa Consellería de Vivenda sobre Monteporreiro e o soterramento da liña de alta tensión neste barrio.

ÁREA DE ORDENACIÓN DO TERRITORIOE NOVO PLAN XERAL:

D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Infraestruturas
  • Ordenación do territorio.
  • Novo Plan Xeral de Ordenación Municipal.
  • Estacionamentos.
  • Proxectos de urbanización e reurbanización (reforma urbana).
  • A coordinación e supervisión do servizo de protección cidadá, xuventude e normalización lingu?ística e servizos territorializados.

ÁREA DE TURISMO E EDUCACIÓN:

D. Julio Castela Martínez, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Promoción e fomento do turismo.
  • Fomento e xestión de actividades feirais e congresuais.
  • Xestión de congresos e feiras no recinto do Pazo en coordinación co organismo autónomo.
  • Educación non universitaria, que inclúe o mantemento e conservación dos centros públicos de titularidade do Concello.

4) ÁREA DE DINAMIZACIÓN SOCIOCULTURALE DEPORTES:

Dona María dos Anxos Riveiro Portela, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Iniciativa, programación e xestión de actividades lúdicas e festas.
  • Fomento e coordinación de actividades lúdicas promovidas por outras administracións ou entidades.
  • Fomento, promoción, xestión e desenvolvemento da actividade física, práctica deportiva e instalacións deportivas.
  • A presidencia do organismo autónomo do Instituto Municipal Deportes.
  • Fomento do consumo saudable.
  • Coordinación e supervisión do servizo de cultura e universidade

ÁREA DE RÉXIME INTERIOR,PERSOAL E ACTIVIDADE ECONÓMICA:

D. José Antonio García Lores, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Organización funcional da administración municipal, incluída a xestión do Padrón municipal de habitantes.
  • Negociación de acordos e convenios colectivos, reguladores das condicións de traballo e melloras sociais.
  • Seguimento e control do cumprimento dos dereitos e deberes do persoal ó servizo do concello.
  • Decisións, propostas e trámites en materia de persoal que sexan competencia da Alcaldía.
  • Incentivación das actividades empresariais.
  • Comercio.
  • Industria.
  • A de inscrición e modificación no rexistro municipal de animais potencialmente perigosos.

AREA DE MOBILIDADE E ACCESIBILIDADE:

D. Xosé Luis Bará Torres, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Impulso e seguimento das obras urbanas.
  • Mobilidade, que inclúe os transportes públicos e autotaxis.
  • Accesibilidade no medio urbano.
  • Sociedade do coñecemento.

ÁREA DE BENESTAR SOCIAL E PATRIMONIO:

Dona Margarita Castejón García, que comprende o seguinte ámbito funcional, nos termos dispostos no apartado decimo noveno deste decreto.

  • Servizos Sociais.
  • Servizo de drogodependencias, Unidade de Día, prevención e inserción.
  • Política de igualdade.
  • Patrimonio municipal.
  • Responsabilidade patrimonial e reclamación de danos ao patrimonio municipal.

8) ÁREA DE MEDIO AMBIENTE URBANO E FACENDA:

D. Raimundo González Carballo, que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Orzamentos e gasto público.
  • Ingresos de dereito privado e de dereito público, tributarias e non tributarias( incluído as aprobacións de padróns municipais de impostos, taxas e prezos públicos).
  • Autorización e disposición de gastos, non atribuídos a outro órgano de goberno por disposición legal.
  • Xestión de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.
  • Ordenación de pagos.
  • Sostenemento dos espazos públicos urbanos.
  • Parques, xardíns e praias.
  • Servizos municipais urbanos, incluíndo, a mellora e mantemento do alumeado público municipal, vías públicas municipais e demais bens municipais, excepto os que se atribúen a outro órgano con competencia funcional na materia.


DELEGACIÓNS ESPECIAIS:SERVIZO DE MEDIO AMBIENTE NATURAL,FEIRAS E MERCADOS:

Dona Celia Alonso Caramés, baixo a coordinación do concelleira responsable de urbanismo, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Xestión dos espazos naturais: xunqueiras, ríos e ría.
  • Salubridade pública, campañas sanitarias, control das condicións sanitarias dos establecementos públicos e venda ambulante.
  • Policía sobre a tenencia de animais potencialmente perigosos e demais animais en xeral e as cuestións relativas a canceira municipal, que inclúe recollida de animais abandonados e mortos.
  • Policía en materia de vertedoiros.
  • Xestión e supervisión do ciclo da auga.
  • Mellora, mantemento e conservación dos mercados municipais e funcionamento dos mercadillos de venda ambulante.
  • Xestión do matadoiro municipal.


SERVIZO DE VIAS E OBRAS NO RURAL:

D. José Manuel Valcarcel Riveiro, baixo a coordinación da concelleira responsable de urbanismo, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Rede de sumidoiros no rural.
  • Suministros de auga no rural.
  • Iluminación pública no rural.
  • Vías públicas no rural.

SERVIZO DE CULTURA E UNIVERSIDADE:

Dona María Dolores Dopico Aneiros, baixo a coordinación da concelleira responsable de dinamización sociocultural e deportes, sendo o seu ámbito funcional o seguinte:

  • Universidade
  • Cultura.
  • Intervencións culturais.

SERVIZOS TERRITORIALIZADOS:

D. Miguel Anxo Vázquez Plaza, baixo baixo a coordinación do concelleiro responsable da área de Ordenación do Territorio e novo Plan Xeral que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Medidas de Prevención de incendios forestais.
  • Cemiterios.
  • Xestión territorializada en barrios e parroquias de deportes, cultura, festas, parques e sostemento de espazos públicos.

SERVIZO DE PROTECCIÓN CIDADÁ,XUVENTUDE E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

D. Demetrio Gómez Xunqueira, baixo a coordinación do concelleiro responsable da área de Ordenación do Territorio e novo Plan Xeral que comprende o seguinte ámbito funcional:

  • Coordinación e dirección directa da policía local.
  • Coordinación e supervisión do servizo municipal de extinción de incendios.
  • Coordinación e supervisión do servizo de protección civil.
  • Coordinación do plan de emerxencia municipal.
  • Ocupación de vías públicas (como pasaxes permanentes, veladores, casetas, etc.).
  • Disciplina medioambiental, infraccións urbanísticas e reposición da legalidade urbanística.
  • Ordenes de execución, declaracións de estado de ruína e ocupación de vías públicas.
  • A dirección e coordinación por infraccións ás normas urbanísticas, medioambientais, de seguridade cidadá, ordenanzas, bandos e similares que son competencia de Alcaldía.
  • A dirección e coordinación en materia de tráfico, previa tramitación do procedemento regulamentario.
  • Normalización linguística
  • Xuventude







Hoxe é 12.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 08.09.2009 polo Concello de Pontevedra.