 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Mobilidade
Seguridade viaria
|
|
|
|
Unha das prioridades do Goberno Municipal dos últimos anos é a reducción dos accidentes de tráfico, que é tamén un dos obxectivos da reforma urbana iniciada en 1999. Nos últimos anos, Pontevedra é a única cidade galega que non rexistra mortos por accidente de tráfico no seu núcleo urbano, algo que foi posíbel grazas aos eficaces métodos de calmado do tráfico dispostos nos últimos anos.
Ademáis de adaptar o ancho dos carrís de circulación ao que recomendan os criterios de seguridade, despregar fórmulas protectoras para os pasos de peóns, ampliar beirarrúas e redefinir a presenza automobilística no espazo público, as principais vías fóron dotadas de sistema de minoramento da velocidade, na liña do traffic calming, a través de obstáculos, rotondas de circulación, etc.
|
|
|
Hoxe é 10.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 07.05.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|