 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Mobilidade
A organización do tráfico a motor
|
|
|
|
Na cidade coexisten tres fórmulas para a circulación dos vehículos: a peonil, a de zona 30 e a convencional. En todas elas teñen preferencia os peóns, se ben en distintas fórmulas de cohabitación con automóbiles e bicicletas.
Zona peonil Abrangue a totalidade do Centro Histórico máis diversas rúas comerciais anexas a este (Michelena, parte de Oliva, parte de Peregrina, Riestra, Marquesa, Xeneral Gutiérrez Mellado, Montero Ríos, primeiro treito de Rosalía Castro e Glorieta de Compostela, Ferreiros, Rúa Nova de Arriba, Rúa Nova de Abaixo, García Alén, San Bartolomeu). A circulación de automóbiles está restrinxida a residentes, acceso a garaxes e vehículos comerciais entre as 8 e as 13,30 e as 16,30 e as 21 horas dos dias laborais.
Zona 30 Abrangue as rúas recollidas dentro do perímetro litoral e o que forman as rúas Manuel del Palacio, Fernández Ladreda, Estación, Eduardo Pondal, Camiño de Ferro, 12 de Novembro, e Xosé Malvar, ademáis da Avda. da Coruña e anexas, no Burgo e a Avda. Alexandre Bóveda, na Xunqueira. Nesta área pódese circular como máximo a 30 km por hora, hai prioridade peonil e en boa parte das súas rúas existe un réxime de aparcamento especial, con zonas de Servizos, (todos os vehículos poden aparcar gratuítamente durante 15 minutos, para realizar xestións, entre as 8 e as 13,30 e as 16,30 e as 21 horas de días laborais, en carrís de servizos sinalizados) e zonas de carga e descarga (destinadas a vehículos de mercadorías, entre as 8 e as 13,30 e as 16,30 e as 21 horas).
A circulación de bicicletas é libre en toda a cidade, e recoméndase especialmente este medio en vías co tráfico calmado. Progresivamente irán definíndose carrís específicos naquelas vías donde o ancho e a natureza do tráfico o fai recomendábel.
|
|
|
Hoxe é 10.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 02.06.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|