Buscar
  Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
Rota > O Concello

Grandes proxectos en marcha


 

Zona das Corbaceiras


Maqueta inicial do Estadio de Pasarón


Illa de Esculturas


Novo edificio administrativo da Xunta en Campolongo


Maqueta da futura Facultade de Belas Artes, ao pé do Lérez


Plano da futura rede de mobilidade viaria da capital. Os códigos correspóndense coas descripcións contidas neste capítulo da web.


Ponte das CorrentesÉ unha obra fundamental para mellorar as comunicacións rodadas e peonís coa área norte da comarca, xunto aos cambios previstos no nó de Bombeiros e o acceso á AP9, que se trasladará a Alba. Unirá o morro próximo ao Clube Naval coa zona da desembocadura do río Rons, na Avda. de Domingo Fontán. Esta obra permitirá minorar o tráfico na Ponte do Burgo, dispoñer a da Barca só para entrar na cidade e mellorar a conexión da cidade coa Xunqueira de Alba e os paseos do río Rons. A financiación desta iniciativa municipal correrá a cargo do Concello de Pontevedra e a Consellería de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galiza.

Ronda Urbana e CircunvalaciónSon dous importantes cintos viarios arredor da cidade. A ronda urbana máis próxima ao centro e a circunvalación exterior como parte das comunicacións entre Barro e a autovía A52, de comunicación coa meseta, Vigo polo interior e o aeroporto de Peinador. A Ronda Urbana é un bulevard que nacerá na N550 (Tomeza), atravesa Salcedo, aproxímase a Montecelo e vai dar a Mourente (N541, estrada de Ourense). De alí acabará comunicando con Lérez e Cerponzóns (N550), para chegar a conectar coa PO531 (estrada de Vilagarcía) no nó da Circunvalación de Poio. A financiación desta iniciativa municipal correrá a cargo do Concello de Pontevedra e a Consellería de Ordenación Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galiza.

As CorbaceirasTrátase de transformar todo o espazo urbano que hoxe ocupan o vello porto pontevedrés, a praza do Gremio de Mareantes, o primeiro treito da Avenida de Marín e a desembocadura do río dos Gafos. Ainda que está pendente dun concurso de ideas para definir a iniciativa, xa en marcha, a idea consiste en dispoñer dunha estación marítima, dragar para permitir o atraque de transporte marítimo de ría, dispoñer unha zona de restaurantes e lecer, unha instalación para a práctica do piragüismo, entre outras, que se recollerán nun edificio senlleiro que definirá esa zona da cidade, donde además se estuda soterrar o tráfico das avenidas de Marín e Uruguai para gañar espazo en superficie e incorporar esa zona ao centro da cidade.

Praza de Valentín García Escudero
As recentes escavacións deron lugar a numerosos achádegos de grande valía histórica e arqueolóxica, entre os que destacan varios arcos da Ponte do Burgo cegados víctimas dos distintos recheos, tal como a cidadanía puido comprobar mentres funcionou o Museo Efémero. Unha iniciativa que se tornará en definitiva unha vez que se musealice todo ese entorno. Convócase un concurso de ideas, que dará como resultado unha intervención museística moi interesante para entender a evolución de Pontevedra.

Ponte entre Lérez e Monte Porreiro
Execútase coa colaboración da Deputación de Pontevedra, en compensación á cesión do edificio municipal no que agora se atopa a Delegación de Educación, na Avda. de Montero Ríos. O vial parte da glorieta de Médico Vallina, sobindo por Lérez cara á zona do mosteiro de San Bieito, desde donde cruza o río cara á glorieta de Monte Porreiro.

Illa das Esculturas
Está en marcha un proxecto para a mellora integral deste senlleiro parque fluvial, un parque escultórico na illa que forma o Lérez á altura da antiga Xunqueira do Cobo, hoxe campus universitario e zona escolar. Algunhas accións complementarias iniciáronse xa da man do departamento municipal de Parques e Xardíns, pero agárdase que en 2009 comece unha reforma integral do espazo artístico.

Centro Deportivo da Parda
Está xa contratada a súa execución, froito dun convenio entra a Consellería de Cultura e Deportes da Xunta, a Deputación e o Concello. Consiste en convertir o espazo anexo á Estación de ferrocarril nun parque de verán de uso básicamente deportivo, con piscinas descobertas e áreas verdes, ademáis de construir un segundo pabillón deportivo para competicións e un pabillón específico de ximnasia.

Estadio de Pasarón
A súa construcción execútase por fases, adaptada ás necesidades de uso do Pontevedra CF. Un investimento no que ademáis do Concello participaron a Deputación e a Xunta.

Hospital Único
Unha histórica reivindicación da cidade está en marcha co plan de ampliación do Hospital de Montecelo, promovido pola Consellería de Sanidade da Xunta.

Tafisa
Unha vez pechada a antiga fábrica contaminante e eliminados os seus molestos efluvios ao río e á atmósfera, Tafisa convírtese nun novo espazo urbano cunha ampla área verde, aparcamento, zona residencial de iniciativa privada e vivenda de prezo taxado, unha parcela específicamente destinada a hotel, e unha ampla finca destinada a construir o novo Edificio das Artes, sede da nova Facultade de Belas Artes.

Edificio das Artes
Construiráse na parcela que cederá Tafisa ao Concello e éste á Universidade de Vigo cabo do río Lérez. Alí trasladaráse a Facultade de Belas Artes, dexiando libre a súa actual ubicación na Alameda, a donde posteriormente se trasladarán os servizos municipais.

Polígono de Valdecorvos
Trátase dunha urbanización que se constrúe nesta zona entre as Avenidas de Lugo e José Malvar, ao leste da cidade. Edificaránse unhas 500 vivendas promovidas pola Consellería de Vivenda e Solo da Xunta de Galiza.






Hoxe é 12.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 01.09.2009 polo Concello de Pontevedra.