 |
|
|
Rota > Áreas de Xestión> Urbanismo e Territorio
Estrutura da Área
|
|
|
|
Área de Urbanismo
OTPXU. Oficina Técnica de Planeamento e Xestión Urbanística Realiza informes técnicos en materia de planeamento, xestión, alineacións e rasantes de proxectos de urbanización e licenzas para o Centro Histórico e edificios catalogados.
OTDU. Oficina Técnica de Disciplina Urbanística Realiza informes técnicos sobre licenzas maiores, menores, de parcelamento, de primeira ocupación, de actividades industriais ou comerciais, de canalizacións, certificados de habitabilidade e informacións urbanística.
SUMAPH. Servizo de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico Emite informes xurídicos e realiza tramitacións administrativas en materias urbanística, medioambiental, de patrimonio histórico e ordenación do territorio, así como planeamento, xestión, licenzas e ordenación do territorio.
ARI Estrivela. Área de Rehabilitación Integral Dedicada a xestionar as propias competencias do ARI en materia de axudas a particulares para a rehabilitación de inmobles, proxectos e informes de licenzas no propio ámbito do ARI, así como funcións de encomenda de xestión en materia de vivenda, como portelo único segundo Convenio.
Área de Medio Ambiente, Proxectos e Obras Realizan proxectos de obras específicas, así como informes en materia de enxeñería para o planeamento, e enxeñería e arquitectura para proxectos de urbanización, a través de dúas unidades de xetión:
OTMAIE. Oficina Técnica de Medio Ambiente, Infraestruturas e Enxeñería
OTA. Oficina Técnica de Arquitectura, na que están integrados os servizos de Arqueoloxía e Topografía
|
|
|
Hoxe é 12.03.2010 | webmaster@pontevedra.eu | Páxina editada o 16.05.2008 polo Concello de Pontevedra. |
|
|