Menú
  Axenda
  Actual
  Visual
 
   

Pontevedra súmase dende hoxe á Semana Europea da Mobilidade

Visitas á sala de pantaias da Policía Local, traslados en bicicletas, pedaladas, presentación pública do proxecto da avenida de Marín, un día sen coches son algunhas das iniciativas propostas dende a Concellaría de Mobilidade que xestiona Luís Bará, para concienciar á cidadanía de Pontevedra do uso da mobilidade sotíbel e da reducción do vehículo particular frente a promoción dos desplazamentos a pe, en bicicleta ou no transporte público

Subir Voltar Home Mapa Web Imprimir Ampliar Texto Reduci-lo texto
Mercores 16 de Setembro do 2009

A cidade de Pontevedra acóllese dende hoxe á Semana Europea da Mobilidade que este ano leva por lema "Mellora o clima da túa cidade". O concelleiro responsable de Mobilidade, Luís Bará presentou as accións que o Concello de Pontevedra ten previsto desenvolver dende hoxe e até o martes, 22 de setembro.

Luís Bará explicou que "esta iniciativa que ten por obxectivo fomentar a mobilidade sostibel, e iso implica fomentar a redución do vehículo privado e a promoción  dos desplazamentos a pe, en bicicleta e no trasporte público". Segundo a filosofía do Goberno local, que resumiu o concelleiro "Pontevedra, xa deste hai anos, está traballando en perfecta sintonía co espíritu desta convocatoria promovido pola Unión Europea", é dicir "mobilidade sostibel que vai máis alá do tráfico e da circulación de vehículos pola cidade, da convivencia de distintas formas de desplazamento e a necesaria da reducción do uso do vehículo privado".

Baixo o lema "Mellora o clima da túa cidade" preténdese "contribuir á loita contra o cambio climático mediante a reducción de CO2".  Explicou Luís Bará que segundo os estudos realizados por la UE as emisións de CO2 en Europa estánse reducindo dacordo cos tratados internacionais asinados polos países europeos, agás no transporte, polo uso do vehículo privado. Tamén revelan que o 30% dos desplazamentos que se realizan nas cidades son de menos de 3 kilómetros e o 50% de menos de 5 kilómetros.

O concelleiro de Mobilidade indicou que dende o Goberno local "pensamos que podemos seguir contribuindo nesta loita contra o cambio climático. E cando se fala de clima tamén pensamos en favorecer a convivencia, saúde, a seguridade, a disminución de ruído e a calidade de vida na cidade".

Na pasada edición da Semana Europea da Mobilidade participaron máis de 2.000 cidades, e no Estado español foron 365 cidades e vilas que se sumaron a esta iniciativa.

Explicou Luís Bará que ao longo destes anos, "o día sen coches transformouse nunha semana completa coa filosofía de favorecer medidas permanentes frente a accións simbólicas dun só día. Por iso apóstase por medidas permanentes como a peonalización, o calmado do tráfico, accesibilidade, uso da bicicleta e uso do transporte público".

A Concellaría de Mobilidade ten previsto un calendario de actividades para estes días co fin de sumarse a esta Semana Europea da Mobilidade 2009.

  • Xoves 17: Visitas á sala de pantaias da Policía Local para representantes de colectivos e cidadáns relacionadas con esta idea de mobilidade. O obxectivo destas visitas é informar do traballo que se fai, día a día, na Policía Local en relación en esta materia, e tamén dos dispositivos especiais de tráfico que se coordinan desde esta sala, e toda a información que se vai dirixida aos colectivos para telos ao día das incidencias que suceden no tráfico á cidade.
  • Venres 18: Xornada en Bici ao traballo para promover o uso da bici entre o persoal do Concello. "Xa hai traballadores que o usan -explicou Luís Bará- e aproveitaremos para facer un encontro ás 8.30 h." Farase un café para escoitar as opinións e propostas para mellorar instalacións e servizos, ou o uso do Pillabici.
  • Domingo 20: Pedalada por distintas rúas da cidade. Comezará ás 12.00 horas na Peregrina e farase un percorrido até a Illa e volta ao centro. Esta actividade xa se fixo con motivo do día da bicicleta pero o concelleiro de Mobilidade pretende incluíla dentro do outono, no inicio do curso escolar coa filosofía de animar á cidadanía a usar a bicicleta.
  • Luns 21: Presentación pública da nova avenida de Marín. Será a partir das 20.00 horas no paraninfo do Instituto Sánchez Cantón. Está aberto a toda a cidadanía, non só aos veciños desta zona. Segundo explicou Luís Bará dentro da Semana Europea da Mobilidade "é obrigatorio  presentar unha medida permantente que vaia dentro da filosfoía de reordenación de espazos públicos a favor dos espazos peonís e sostibeis". O proxecto da avenida de Marín supón unha gran transformación do frente marítimo no que haberá paseos para peóns, carril bici... Na presentación estará o arquitecto da obra.
  • Martes 22: Día sen coches. Dado que na cidade xa hai restriccións de coches e de tráfico importantes, a concellaría limitará este corte simbólico ao último tramo da rúa Benito Corbal, dende Sagasta a Daniel de la Sota durante toda a mañá.

Todas estas actividades compleméntanse coa posta en marcha dunha web específica de mobilidade (www.pontevedra.eu/movete) e cunha publicación. A Concellaría pretende que estes soportes teñan información permanente e actualizada para a cidadanía sobre a mobilidade en Pontevedra, a pe, en bici, a motor, sobre educación vial, plans de dispositivo especiais de tráfico, sobre as grandes infraestruturas previstas para mellorar a  mobilidade, e rutas de sendas e vías verdes (espazos públicos, parques, beiras do río…)

Na páxina web hai vídeos, infografías, mapas que falan de servizos relacionados con transporte público, os percorridos máis seguros para o uso da bici, os puntos de pillabici, os estacionamentos de bici…

Luís Bará asegurou que se trata de ter unha información permanete e ampla para facer un uso da cidade máis armónico e máis sustentabel. De feito, un dos propósitos da Concellaría é fomentar o logo de Pontevedra Mobilidade porque pretendemos ir máis alá do que é esta Semana da Mobilidade, cuxo único obxectivo é ser un escaparate para promocionar e divulgar estas iniciativas "pero temos que traballar todo o ano nestas e noutras iniciativas", asegurou o concelleiro.

Subir Voltar Home Mapa Web Imprimir Ampliar Texto Reduci-lo texto