9
CAFÉ MODERNO

Deixamos a Alameda lembrando os paseos de Castelao pola Moureira, a súa amizade con vellos mariñeiros como o Panderetas e os debuxos e estampas que realizou tendo a procesión de san roquiño como protagonista.

El, que deixou escrito que nunca fora a unha corrida de touros, asistiu sen embargo no coso taurino a aqueles festivais de gaitas nos que coñece o famoso Gaiteiro de Soutelo, aos certames de Danzas de Espadas, a festa dos maios ou á celebración do Primeiro de Maio de 1936.

Cruzamos os xardíns das Palmeiras e achegámonos á Praza de San Xosé onde se situaba o Café Moderno, aquel lugar onde Castelao era un integrante máis das tertulias que animaban vellos republicanos aos que escoitaba con atención, apuntando anécdotas que logo servirían de inspiración a moitas das súas personaxes literarias. nas mesas deste modernista café preparaba a diario as súas estampas humorísticas para xornais como o madrileño El Sol, o coruñés El Ideal Gallego, o ourensán La Zarpa ou os vigueses Galicia, El Pueblo Gallego e Faro de Vigo.
 



Itinerario
1. A Praza da Ferrería
2. Museo de Pontevedra
3. A Fábrica da Luz
4. Praza do Teucro
5. Praza das Cinco Rúas
6. Teatro Principal
7. Monumento a Castelao
8. O Instituto

10. Rúa da Oliva
11. Café Méndez Núñez
Roteiro Castelao Rúa da Oliva