| 8 O INSTITUTO Tamén na praza que se abre ante o Concello reencontrámonos coa primeira moradía de Castelao en Pontevedra, xusto o lugar onde comeza a imaxinar as estampas de Nós.
Desde 1916 Castelao é mestre auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra, un centro escolar onde coincide co galeguista Losada Diéguez e profesores e catedráticos como Sobrino buhigas e Osorio Tafall. Será con eles con quen pon a andar un pequeno museo no Instituto, claro ensaio do que logo será o Museo de Pontevedra. Tamén participa cos mesmos estudiosos en traballos de campo para a localización de petroglifos, á vez que se converte en mestre e valedor de mozos como Xosé Sesto, Turas, Castro Arines ou Ramón de Valenzuela. O utros artistas gozan así mesmo da súa protección ao pular por eles desde o seu papel como promotor intelectual de bolsas de estudios que a Deputación aporta desde 1925 a pintores e escultores como manuel Torres, arturo Souto, Maside, Colmeiro ou Laxeiro. |
|
|||||||||||
| Roteiro Castelao | Café Moderno | |||||||||||