7
MONUMENTO A CASTELAO

Pola rúa dona TereIXa subimos cara o antigo "lampán dos xudeos". atopámonos alí co espacio que acolle o monumento erixido a partir dunha campaña popular pola que os pontevedreses homenaxearon a Castelao ao pouco da restauración das liberdades democráticas.

A peza é un bronce do escultor Buciños erguido a instancias dos "Amigos da Cultura", asociación cultural impulsora da iniciativa no ano 1983.

Pero non é este o único monumento que os pontevedreses lle adicaron a Castelao. Foron os exiliados e emigrados na Arxentina os verdadeiros pioneiros cando levantaron en 1951 no seu Pazo Galego do Centro Pontevedrés de Buenos Aires un monumento do cal foi autor Ángel Alén Buceta.

Pola rúa Santa María diríximonos cara á Casa do Concello e desde alí lembraremos o xa desaparecido Cafe Royalty da rúa Michelena, que Castelao decorara con pinturas murais nas que recreaba humoristicamente personaxes populares da comarca como Antoniña, O Cego de Padrenda, o Toureiro de Redondela ou o Futbolista Popó
 



Itinerario
1. A Praza da Ferrería
2. Museo de Pontevedra
3. A Fábrica da Luz
4. Praza do Teucro
5. Praza das Cinco Rúas
6. Teatro Principal

8. O Instituto
9. Café Moderno
10. Rúa da Oliva
11. Café Méndez Núñez
Roteiro Castelao O Instituto