6
TEATRO PRINCIPAL

Pola rúa Tetuán rodeamos o edificio que acolle o Teatro Principal. O primeiro andar do número 2 desta rúa serviu durante a II República de sede para o Partido Galeguista, a organización na que Castelao chega a ocupar cargos de responsabilidade como dirixente político ao lado de homes como Vítor Casas e Alexandre Bóveda, os seus compañeiros máis entrañables.

O inicial contacto de Castelao con Pontevedra viría dos seus tempos de estudiante cando, cal un membro máis da tuna compostelá, actuara no Liceo Casino, Unha sociedade na que pronunciará conferencias sobre a súa concepción do humorismo, e nas que eXecuTaba caricaturas en vivo nos días en que era un pontevedrés máis.

O Teatro Principal tamén foi testemuña da andaina artística de Castelao como escenógrafo e actor ocasional de cine. Así, varias das súas decoracións para a Polifónica foron presentadas neste coliseo servindo de fondo a concertos da Coral e mesmo tamén a sesións da "Filarmónica" de Pontevedra, unha entidade á que estivo ligado e para quen deseña o seu emblema societario.

A pantalla do Principal coñecerá a estrea en 1917 da película titulada Miss Ledya, un filme silente no que Castelao aparece como actor representando o papel dun pastor protestante..
 



Itinerario
1. A Praza da Ferrería
2. Museo de Pontevedra
3. A Fábrica da Luz
4. Praza do Teucro
5. Praza das Cinco Rúas

7. Monumento a Castelao
8. O Instituto
9. Café Moderno
10. Rúa da Oliva
11. Café Méndez Núñez
Roteiro Castelao Monumento a Castelao