 |
5
PRAZA DAS CINCO RUAS
A recuperación do patrimonio cultural galego tivo en Castelao un dos seus principais valedores. A súa ampla formación artística, enriquecida pola súa viaxe a Europa no 1921, serviulle de base para se converter no defensor principal da nosa arte popular. Xa estamos ante o cruceiro que hoxe ocupa a praza das Cinco Rúas. Castelao chegou a coñecelo na súa localización orixinal da ribeira de Estrivela. peza escultórica orgullo dos nosos canteiros pasaría a ocupar un lugar destacado, como tantos outros cruceiros de Pontevedra, na súa obra As cruces de pedra na Galiza.
Un Libro publicado logo da súa morte no exilio en 1950 e do que puido chegar a ver as probas saídas do prelo ao coidado de Luís Seoane, e estampar nelas a sinatura nas primeiras follas. Unha obra monumental que entra con letras de ouro na historia da arte galega, e onde se recolle o seu amplo labor documental e artístico, logo de percorrer os camiños de Galicia debuxando cruceiros. Seguimos pola rúa adicada a Paio Gómez ChariÑo, poeta medieval tan emparentado co rianxo natal de Castelao, e que acolleu nos anos trinta a imprenta "La Popular", obradoiro onde se tiraba A Nosa Terra, voceiro do Partido Galeguista á que Castelao estivo tan unido e onde publicou moitas páxinas de humor gráfico e no que escribiu escollidas páxinas co seu ideario galeguista. |
 |
|
 |