| 4 PRAZA DO TEUCRO A máis fonda das actividades políticas de Castelao en Pontevedra estivo irmanada á figura de Alexandre Bóveda, desde os tempos en que a redacción do xornal A Nosa Terra se instalara no terceiro andar do número 24 da popular rúa dos Comercios. co tempo, rúa adicada á figura de manuel Quiroga, violinista PONTEVEDRES DE SONA INTERNACIONAL, co que Castelao mantivo unha estreita amizade e a quen plasmou nunha das súas máis sonadas caricaturas.
A praza do Teucro acolle tamén pazos de antigos solares con orixe na Pontevedra medieval. da heráldica dun deles, a dos Mariño, recolle castelao a representación da serea que utilizará para deseñar o novo emblema da súa Galicia ideal |
|
|||||||||||
| Roteiro Castelao | Praza das Cinco Rúas | |||||||||||