| 3 A FÁBRICA DA LUZ A cegueira convértese nunha ameaza certa para Castelao desde 1914 e ao longo da súa estadía pontevedresa novas recaídas foron mermando a vista do artista. Contodo, a luz dos seus ollos seguiu a afondar na arte e, desde a súa chegada a Pontevedra, o seu estudio de pintor deu saída ao mellor da súa caricatura, o seu humor e a pintura. Pola rúa Sarmiento achegarémonos á antiga Casa do Macelo convertida desde finais do século XIX na Fábrica da luz. Nela atoparía Castelao o lugar preciso e amplo onde plasmar as súas ideas escenográficas. Vainas realizar para a coral polifónica de pontevedra, entidade que funda xunto a Antón Losada Diéguez. Píntaas con destino a diferentes presentacións por distintas cidades galegas. Un traballo polo que recrea o mundo medieval, a arte románica a xeito de rosetóns, portadas e claustros, xunto ao esplendor barroco e popular dos soportais das vilas mariñeiras. Teimou castelao por un teatro de arte para Galicia e neses labores Pontevedra coñeceu un adianto do que co tempo sería a obra Os vellos non deben de namorarse. co seu admirado Ramón del Valle-Inclán colabora En 1933 na escenografía de Divinas Palabras. Corredoira pintara a Castelao cando mozo, portando un debuxo coa efixie de Valle-Inclán. Un escritor a quen recordará no seu exilio en La Habana e que nós lembramos neste roteiro ao pasar ante a casona dos muruais, lugar onde valle se iniciou na literatura.
|
|
|||||||||||
| Roteiro Castelao | Praza do Teucro | |||||||||||