11
CAFÉ MÉNDEZ NÚÑEZ

Rematando a camiñada a memoria doutro café desaparecido recrea a orixe pontevedresa da revista Nós, da que Castelao foi director artístico. En torno dunha mesa de mármore do Café Méndez Núñez trazou xunto a Vicente Risco o nacemento daquela publicación de vital importancia para o renacemento cultural galego, por un tempo imprentada en Pontevedra no obradoiro de Poza da rúa Michelena.

Moita da correspondencia de Castelao foi escrita neste local e nel tamén deu os primeiros pasos para crear un posible Centro de Investigacións Históricas de Pontevedra. O "Méndez" lindaba coa botica de Perfecto Feijoo, o creador de "Aires da Terra", Un coro de música popular galega onde o noso artista mostrou a súa man co bombo relembrando aqueles seus tempos de tuno.

Frente ao Méndez Núñez outra botica servía como punto de xuntanza dos "Karepas". Trátabase dun fato de mozos que animaron as festas e o deporte local en torno ao boticario Xaquín Maquieira. Moi perto de alí, Na rúa Peregrina, o portal do estudio do fotógrafo Sáez Mon serviu de marco para unha exposición pictórica de Castelao. a poucos metros na estación de radio EAJ-40, xa como líder galeguista, lanzou ás ondas discursos en 1936 A prol do Estatuto de galicia.
 



Itinerario
1. A Praza da Ferrería
2. Museo de Pontevedra
3. A Fábrica da Luz
4. Praza do Teucro
5. Praza das Cinco Rúas
6. Teatro Principal
7. Monumento a Castelao
8. O Instituto
9. Café Moderno
10. Rúa da Oliva
Roteiro Castelao