| 10 RÚA DA OLIVA Deixamos o Moderno sen esquecer a cercanía de tres espacios desaparecidos. A parada daquel lendario tranvía a Marín que Castelao recreou nunha das súas Cousas, a Estación do Ferrocarril desde onde partiu en 1934 para o seu desterro na EStremadura e aquel Hotel Madrid no que se fundara o Partido Galeguista.
Foi nela onde realizou a maior parte da súa obra gráfica e artística e onde escribiu ou imaxinou todas as súas obras literarias. Títulos como Un ollo de vidro, Retrincos, Cousas e a novela Os dous de sempre naceron neste fogar pontevedrés. Nel foi incautada tras o golpe militar de 1936 a súa espléndida biblioteca e as ducias de cadros que alí conservaba. Hoxe boa parte deles custódianse no Museo de Pontevedra. Veciño era o obradoiro do impresor Julio Antúnez onde saiu do prelo en 1929 A súa obra As cruces de pedra na Bretaña. Os cruceiros das terras bretonas estúdiaos en 1929 no trancurso dunha viaxe que realiza na compaña da súa dona Virxinia Pereira a fin de superar a morte dE Alfonsiño, o seu único fillo, acaecida un ano antes en Pontevedra. |
|
|||||||||||
| Roteiro Castelao | Café Méndez Núñez | |||||||||||