 |
Eu apénome de non poder ir a Pontevedra, que é unha fonte de
xuventude, onde se curan os alifaces da vellez. Volver a Pontevedra sería o mesmo que recuperar
a mocidade perdida.
Castelao, Meu Pontevedra, Centro Pontevedrés, Ed. Lérez, Xuño do
1962, Bos Aires.
No ano 1916
Castelao establecese en Pontevedra e comeza unha das etapas máis importantes da súa
vida, tanto no plano persoal como no artístico. Aínda que se move por moi diferentes
terreos, a súa obra é especialmente prolífica na súa labor gráfica
o no seu traballo cos cruceiros pontevedreses.
Desde os seus comezos como mestre auxiliar de debuxo no Instituto de Pontevedra, Castelao destaca
nesa faceta creativa como debuxante, con obras humorísticas, caricaturas e outros debuxos, que
mistura con lendas, e que descubren a imaxe descarnada dunha Galicia desgastada polo drama da
emigración e o abuso do caciquismo.
A outra faceta destacada dos seus vinte anos na cidade do Lérez é o estudio das
cruces e petroglifos pontevedreses, que como o mesmo Castelao recoñece no limiar de As cruces
de pedra na Galiza "de súpeto descobrín neles un aspeito da nosa arte popular ainda
non estimado como cousa importante. E velahí o que máis me importou". Este proxecto
constitúe a base do seu discurso de ingreso na Academia Galega e, nos últimos anos da
súa vida, o levará ao papel coa creación da referida obra
monumental.
Pero, sen
dúbida, a faceta máis importante da súa vida en Pontevedra, foi para Castelao a
mesma estancia na cidade, como deixou moi ben reflexado nas súas propias verbas e, sobre todo,
neste artigo chamado significativamente:
 |  |  |  |