No ano 1911, a tuna universitaria de Santiago chegaba a Pontevedra. E con ela, Castelao. A visita supuxo o seu primeiro triunfo na cidade do Lérez, facendo que se imprimira o seu nome nas páxinas dos xornais pontevedreses..

Era o comezo dunha especial relación entre Castelao e Pontevedra, que se reanudaría cinco anos despois, cando elixe a cidade como destino para desempeñar o cargo de auxiliar de Estadística. Desde este momento, Pontevedra convertirase na residencia habitual de Castelao durante vinte anos e no berce das súas meirandes obras.

Aínda que nesa primeira etapa o ambiente cultural en Pontevedra atopábase nun momento baixo, fóronse creando tertulias, das que xurdiron unha nova xeración de intelectuais. Entre eles sobresae Castelao, que está tras importantes actividades, como a creación do Museo de Pontevedra ou a Coral Polifónica.

Eran momentos de popularidade, pero a ledicia misturábase coas desgracias sufridas polo literato, como a súa cegueira e a morte do seu único fillo.

O ingreso de Castelao na política activa fixo máis frecuentes as súas viaxes e restoulle tempo a súa vida pontevedresa, que se vería truncada co desterro a Badaxoz, e definitivamente, coa chegada da guerra e o exilio americano.



1. 1911. Primeira escala da turné da tuna compostelana

2. De auxiliar de estatística a profesor no instituto

3. Pontevedra decaía...

4. A exótica tertulia do Café Moderno

5. O galeguismo do café Méndez Núñez

6. A política e a amargura