| 3 Pontevedra decaía...
Poucas tertulias soportaban o paso do tempo: na Praza da Verdura, onde estivera a tertulia do filósofo krausista Indalecio Armesto; ou a da Praza das Galiñas, na casa do Arco ou de Matalobos, que fora derradeira morada de Méndez Núñez e fogar da tertulia dos irmáns Muruais, onde D. Ramón del Valle-Inclan atopou o seu berce literario. Pero non era este un ambiente moi propicio ás novas incorporacións, senón ó contrario, pechado ós novos valores. Perante a hexemonía cultural da capital erguíanse voces independentes que brillaban con luz propia: Poio, Caeira, Parda ou Lourizán. Tres eran os periódicos do momento. El Diario de Pontevedra, de tendencia monárquico liberal; La Correspondencia Gallega, monárquico conservador; e un terceiro, Progreso, progresista, que poñía a voz discordante e gardaba certas vinculacións co movemento agrario. Os republicanos tamén tiñan o seu medio de difusión, El Pueblo, semanal, de contiña, cousa insólita no momento, moitas das noticias en galego. Como actividades culturais máis salientables débense destaca-los xogos florais e os orfeóns, que cantaban pezas como Negra Sombra, Unha noite na eira do trigo, a Alborada de Veiga... |
|||||||||
| Castelao en Pontevedra | [4] | ||||||||