| 2 De auxiliar de estatística a profesor no instituto. Transcorren tres anos de tranquila veciñanza na cidade, onde pasa a súa vida a carón da súa dona Virxinia. Primeiro, nunha pequena vivenda da Praza do Consistorio e, despois, na rúa da Oliva nº 8, no primeiro andar, a casa onde desenvolveu a meirande parte do seu labor creativo e artístico: Cousas, Os dous de sempre, Retrincos, actos de Os vellos non deben de namorarse, As cruces de pedra na Bretaña, ou a totalidade de debuxos de As cruces de pedra na Galiza. Tamén na galería desta casa Castelao recibía numerosas visitas. Xa en xaneiro do 1.919 preséntase novamente á oposición onde acada un ascenso que o converte en Oficial de 3ª do Corpo Facultativo de Estatística. O soldo non era moito pero xa para daquela tiña sido nomeado profesor auxiliar de Debuxo do Instituto General y Técnico. Ós poucos días tívose que facer cargo da cátedra, por baixa do titular, cargo que ostentou durante quince meses ata que chegou o novo titular da mesma. A oportunidade deste segundo emprego de Castelao en Pontevedra foi de vital importancia para a súa persoa, xa que foi gracias a el que coñeceu a Antón Losada Diéguez, que viña para Pontevedra logo de impartir clases en Ourense, e co que trabou unha grande amizade. |
|
||||||||||
| Castelao en Pontevedra | [3] | ||||||||||