1
1911. Primeira escala da turné da tuna compostelana

A relación de Castelao coa cidade de Pontevedra iníciase en 1911. Por entón, Castelao, coa súa carreira recén rematada, é requirido pola tuna universitaria presidida por D. Ramón Fernández Mato, como reforzo da mesma, nun percorrido de actuacións que estaba a punto de comezar. A primeira escala foi no Teatro Principal de Pontevedra.

O acto empeza coa presentación da tuna. No turno correspondente a Castelao, este subiu ó escenario, onde había un gran taboleiro cheo de follas de papel superpostas. De cara ó público, Castelao foi trazando en cada folla unha caricatura dos personaxes máis coñecidos da vella capital: J. B. Andrade, Víctor Said Armesto... O público, entre a gargallada e o sorriso ía berrando os nomes.

Esta primeira aparición de Castelao na vida pública de Pontevedra non pasou inadvertida xa que á mañá seguinte, os xornais La Correspondencia Gallega e Diario de Pontevedra, adicaron ó acontecemento os espacios de máis rango.
 



2. De auxiliar de estatística a profesor no instituto

3. Pontevedra decaía...

4. A exótica tertulia do Café Moderno

5. O galeguismo do café Méndez Núñez

6. A política e a amargura
Castelao en Pontevedra [2]